lunes, 18 de octubre de 2010

Dous sindicalistas, en folga de fame para frear o decreto do carbón - Dende o sábado a última hora, Fernando Blanco e Alberte Tallón só inxiren auga e azúcre á espera da resposta de Sebastián

Logo de rematar a marcha moura e de reunirse co delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, no mediodía do sábado, dous sindicalistas da CIG decidiron seguir adiante coas protestas para frear a posta en marcha do decreto do Carbón –que prima o uso de material autóctono e ameaza co peche das centrais térmicas galegas– e inciaron, a última hora do sábado, unha folga de fame indefinida, cando menos até que o ministro de Industria, Miguel Sebastián, acceda a reunirse cos trablladores galegos afectados pola normativa.



Así o fixeron saber onte os dous sindicalistas –que se instalaron nunha autocaravana frente á Casa do Concello de As Pontes–, que se alimentan a base de auga e azúcre dende hai xa 48 horas. Fernando Blanco e Alberte Tallón insistiron en ser recibidos por Sebastián para tratar as “repercusións” da aprobación do real decreto do carbón sobre as centrais térmicas galegas.

En declaracións á axencia de noticias Europa Press a primeira hora da mañá de onte –antes de desconectar por completo os seus teléfonos–, o responsable da Unión Comarcal da CIG das Pontes, Fernando Blanco, asegurou que tanto el como o seu compañeiro, o responsable da sección sindicalista de Endesa-As Pontes, Alberte Tallón, se atopan“perfectamente” de ánimo e “ben” fisicamente.

“Esperamos que o ministerio faga algún tipo de movemento”, manifestou Fernando Blanco, quen insistiu en reclamar que o ministerio teña en conta “a realidade das térmicas galegas e o impacto” do decreto do carbón.

PROPOSTAS ALTERNATIVAS

Blanco, que recordou que esta é a súa terceira folga de fame ao longo da súa carreira sindical, comentou que teñen dúas propostas para Sebastián. Así, por unha banda proporán ao ministro a posibilidade de derrogar o decreto pero, ante a dificultade disto, piden en segundo lugar, que o impacto se reparta entre todas as enerxías e non recaia unicamente na térmica. “Non ten sentido que vaia por unha concreta”, precisou.
Os dous folguistas permanecen nunha caravana situada fronte ao Concello das Pontes e resaltaron que teñen “máis compañeiros detrás”. Ademais, avanzaron que estudan outras medidas de presión para defender as centrais térmicas galegas e non descartan que máis persoas se sumen á folga de fame.

Pola súa banda, o alcalde da localidade, o socialita Valentín González Formoso –que encabezaba a marcha moura– asegurou onte, en declaracións a Xornal de Galicia, que o Concello “respeta” calquer tipo de iniciativa para defender as centrais térmicas galegas e, “dende logo”, calquer proposta que trate de impedir que o decreto do Carbón saia adiante.

Ademais, o rexidor, que o sábado pediu ao Goberno que deixe ao seu Concello “seguir servindo industrialmente a Galicia”, asegurou que os dous folguistas se atopan ben no seu segundo día de protesta.

VERBAS DE ZAPATERO

Entre tanto, o presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, abordou onte, nun acto no Bierzo (León) que “confía” en que as axudas ao carbón autóctono se prolonguen máis alá do ano 2014 , tal como estipula o citado decreto, que foi aprobado nas últimas semanas polo Goberno.

Acerca da posobilidade de que estas axudas se dilaten até o ano 2020, tal como afirmou o secretario xeral do PSOE en Castela e León, o líder do Executivo recoñeceu que aínda non podía “concretar” a data, posto que, explicou, “hai que facer unha importante tarefa con Alemaña e Francia”, ao que engadiu que os xeramanos se amosan “máis receptivos” á negociación que os galos. Ademais, subliñou que o carbón “ten futuro” sempre que se logre “capturar o CO2”, una investigación científica para a que, dixo, “fai falla unha gran cantidade de diñeiro”.

Fuente: xornal. com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia:

Este sitio es un blog privado no un foro público. El Pulpo Justiciero no se responsabiliza ni comparte necesariamente las ideas o manifestaciones depositadas en las opiniones por sus lectores. La discrepancia y la disparidad de puntos de vista serán siempre bienvenidos mientras no ataquen, amenacen o insulten a una persona, empresa, institución o colectivo, revelen información privada de los mismos, incluyan publicidad comercial o autopromoción y contengan obscenidades u otros contenidos de mal gusto.


El Pulpo Justiciero se reserva el derecho a decidir las noticias que admiten comentarios de los lectores y si estos son publicados por su contenido. No se publicaran los comentarios que no vayan firmados o que el administrador del blog no identifique correctamente al autor.