martes, 19 de octubre de 2010

“Temos que ser optimistas até o final, estamos todos unidos”

Pola súa banda, os dous sindicalistas da CIG que o sábado iniciaron unha folga de fame continúan coa súa protesta na autocaravana que instalaron á porta do Concello de As Pontes. Un deles, o ex deputado nacionalista Fernando Blanco, asegourou onte a Xornal de Galicia que tanto el como o seu compañeiro, Alberte Tallón, se atopan “perfectamente” tanto de ánimo como de sáude.
De feito, onte mesmo pasaron sen dificultades un recoñecemento médico que os obriga, non obstante, a inxerir suero ademais de auga e azucre.

Blanco criticou, por outra banda, as palabras da ministra de Medio Ambiente en Galicia, á que acusou de “falar sen coñecemento da situación real das centrais térmicas nin dos efectos que vai causar o Decreto”.

Ademais, destacou que a folga de fame seguirá até que reciban unha resposta do Ministerio de Industria sobre a reunión que lle solicitaron. “Somos optimistas, temos que selo ata que remate isto, estamos todos unidos e logramos xerar unha corrente de apoio moi importante”, asegura Blanco. Neste sentido, este diario púxose onte en contacto do departamento que dirixe Miguel Sebastián, onde non quixeron concretar se haberá ou non reunión, malia que coñecen a situación.

Fuente: xornal. com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Advertencia:

Este sitio es un blog privado no un foro público. El Pulpo Justiciero no se responsabiliza ni comparte necesariamente las ideas o manifestaciones depositadas en las opiniones por sus lectores. La discrepancia y la disparidad de puntos de vista serán siempre bienvenidos mientras no ataquen, amenacen o insulten a una persona, empresa, institución o colectivo, revelen información privada de los mismos, incluyan publicidad comercial o autopromoción y contengan obscenidades u otros contenidos de mal gusto.


El Pulpo Justiciero se reserva el derecho a decidir las noticias que admiten comentarios de los lectores y si estos son publicados por su contenido. No se publicaran los comentarios que no vayan firmados o que el administrador del blog no identifique correctamente al autor.